Concello das Neves

Comezo das obras de ampliación da rede de saneamento en Tortoreos

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O Concello vén de iniciar as obras de ampliación e conexión da rede de saneamento en Tortoreos, entre Silvares e a zona da ponte. As mesmas abranguen máis de 700 metros de rede con pozos de rexistro, unha parte por camiños públicos de terra e o último treito por vía asfaltada, ata conectar coa rede actual. Estes traballos servirán para dar servizo a preto de 20 vivendas.

Este proxecto conta cun orzamento de 32.495,86€, financiados na súa totalidade polo Fondo de Compensación Ambiental da Dirección Xeral de Administración Local. A empresa adxudicataria é Servicios Medio-ambientales del Miño e o prazo de execución é de 2 meses.

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email