Concello das Neves

Continúa o Plan de Accesibilidade do Concello das Neves, en Santa Eulalia de Batalláns, Taboexa e Santiago de Ribarteme

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O Concello continúa co Plan de Accesibilidade a Vivendas das Neves 2019-2023, configurado como unha actuación continua que continuará, con varias obras, ao longo deste ano 2022.

Para as mesmas, o Goberno municipal xa  solicitou financiación para diferentes traballos en Pasqueixóns, A Carrasqueira e A Escaravelleira, e acometerá a mellora doutros accesos con fondos propios.

Santa Eulalia de Batalláns, Taboexa e Santiago de Ribarteme

A través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, acometeranse distintas melloras de accesos en Pasqueixóns (Santa Eulalia de Batalláns), A Carrasqueira (Taboexa) e A Escaravelleira (Santiago de Ribarteme) cun orzamento de preto de 110.000 euros.

O traballos permitirán gañar anchura, nalgún caso grazas as cesións da veciñanza e noutros mediante a creación dunha capa de rodadura, sen esquecer que hoxe os accesos son en terra. Estas obras darán servizo ademáis de a vivendas habituais dende hai moitos anos, a casas que foron rehabitadas nos últimos meses e incluso a parcelas nas que están previstas dúas novas construccións a curto prazo.

Por outra banda, con persoal propio do Concelo, están previstos traballos menores, con firme de formigón, en barrios doutras parroquias das Neves.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email