Concello das Neves

En proceso, traballos de ‘bacheo’ e retirada de raíces en todas as parroquias

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Continúan en todo o concello os traballos de bacheo e retirada de raíces, iniciados a principio de ano e con cargo ao Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra.

Traballos de conservación de vías

Durante o ano pasado, os servizos municipais realizaron obras de reasfaltado e eliminación de fochancas en máis de 20 quilómetros de estradas. Este 2023, seguen as obras de retirada de raíces, e eliminación de fochancas.

Así, empregaranse máis de 184 toneladas de asfalto frío e lévase a cabo o picado e destoconado de raíces e posterior pavimentación. Estas obras abranguen todas as parroquias de As Neves.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email