Concello das Neves

Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria SI435A – Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, cofinanciado pola Unión EuropeaPrograma de promoción de la igualdad y prevención de la violencia de género, cofinanciada por la Unión Europea

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

🟣 Dende o pasado mes de xuño, no noso Concello puidemos desfrutar das actividades ofertadas polo Programa Xuntas, que trouxo consigo espazos de aprendizaxe, apoio e encontro para moitas mulleres da nosa contorna.

Este Programa, executado nos concellos de Salvaterra, Salceda e As Neves e financiado pola Xunta de Galicia con Fondos Sociais Europeos, ofreceu ata o 30 de setembro apoio xurídico, psicolóxico e laboral, formación en igualdade, emprendemento e novas tecnoloxías, obradoiros de saúde e benestar, actividades culturais, itinerarios de inserción laboral e autoemprego, así como espazos de debate e asesoramento con profesionais especializadas.

Unha iniciativa que deixa unha fonda pegada e que reforza o camiño cara unha sociedade máis xusta e igualitaria 💜

#ConcelloAsNeves #AsNeves

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email