Concello das Neves

Programa de actividades de Nadal nas Neves

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Este sábado, 3 de decembro, ás 6 da tarde, acéndese o alumeado de Nadal das Neves e da comezo unha programación, con distintas actividades, que durará ata o 7 de xaneiro de 2023.

Neses días haberá tempo para a música, o deporte, diferentes obradoiros, lecer e, por suposto, citas imprescindibles como a Cabalgata de Reis ou o Concerto  de Aninovo.

PROGRAMA DO NADAL 2022-2023 NAS NEVES

3 de decembro ás 18:00 h: Acendido do alumeado de Nadal.
A partir do día 5 de decembro: Recollida de material de refugallo para darlle unha segunda vida en obradoiros de Nadal sostible. Haberá puntos de recollida nos centros de ensino, na casa do Concello e nas dependencias de Servizos Sociais.
17-18 DECEMBRO: «Mercadiño da man que ti queiras» na Casa da Xuventude. (Asociación As Marondas)
o Sábado, 17 decembro: 10:30 h a 00:00 h.
o Domingo, 18 decembro: 11:30 h a 22:00 h.
23 de decembro: Concerto de Nadal da Banda de música Popular de Rubiós. Auditorio Municipal. 21:30 h.
24 de decembro: VIII Carreira do Pavo (ACD Sanomedio)
o Praza Maior. Inscrición previa. https://forms.gle/fbTTfcpaQnh9fHQV7
o Saída ás 16:15 h.
o Recollida de dorsais de 15:00 a 16:00 h.
26 de decembro de 2022 ás 17:00 horas: Visita do Apalpador. Praza maior  (Deputación Pontevedra).

NADAL SOSTIBLE
27 de decembro ás 16:00 horas: Obradoiro de Nadal sostible xuvenil. Casa da Xuventude. Inscrición en: bit.ly/NadalAsNeves
28 de decembro ás 16:00 horas: Obradoiro de Nadal sostible para persoal adultas. Sala de Servizos Sociais. Inscrición en: bit.ly/NadalAsNeves

2023
2 de xaneiro ás 16:00 h: Creación de carroza comunitaria. Mercado Municipal.
Inscrición en: bit.ly/NadalAsNeves
5 de xaneiro: Cabalgata de Reis.
o Saída ás 17:00 h dende a rotonda Montesol. Percorrido polo centro urbano e
remate na Praza Maior. *En caso de choiva, no Pavillón Municipal.
o Encontro cos Reis Magos e entrega de agasallos para crianzas de 0 a 11 anos.

7 de xaneiro: Concerto de aninovo de corais.
o 19:00 h. Auditorio Municipal.
o Coral Polifónica Santa María das Neves.
o Orfeón de Trives.
o Coral Polifónica de Arbo.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email