Concello das Neves

Inminente asfaltado de parte da pista do Pousadouro

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Marcelino Couto, primeiro tenente de alcalde, vén de facer unha revisión previa ao inminente asfaltado, por tramos, da pista do Pousadouro.

Esta obra acométese como parte do único convenio asinado entre o Concello das Neves e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), a finais de 2022, polo cal este organismo da Xunta de Galicia adica 48.000 euros a ‘tapar buracos’ e asfaltar seis treitos desta pista, que suman en conxunto 891 metros, apenas un 15% do percorrido total deste vial que chega aos 6 quilómetros.

«Remendando aos poucos é moi difícil, por non dicir imposible, que o firme desta pista quede ben. Pero, ainda de que dende o Concello insistimos á Xunta de que é urxente o arranxo e a mellora do estado deste vial, o contido deste convenio, cunha inversión moi insuficiente, foi a única resposta que recibimos«, sinala o responsble de Vías e Obras.

Así, durante os días previos ao comezo das obras e durante os traballos «estaremos moi pendentes dos mesmos», sen deixar de xestionar e presionar para que a Administración galega asuma a necesidade de acometer o acondicionamento integral desta pista. Nesta liña, dende o Goberno municipal subliñan que a Xunta destina aos viais, estradas e pistas das Neves menos dun 7% do que inviste o Concello.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email