Concello das Neves

Máis de 50 alumnos do IES Pazo da Mercé plantarán, este luns, 200 árbores autóctonas contra a crise climática

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Con motivo do ‘Día da Árbore’, este ñuns 21 de Marzo os rapaces de cuarto da ESO e primeiro de Bacharelato do IES Pazo da Mercé levarán a cabo unha plantación de 200 árbores autóctonas nun terreo cedido pola Comunidade de Montes de Taboexa.

‘As Neves verde autóctono’

Esta actividade enmárcase dentro dun proxecto chamado “As Neves verde autóctono” que foi seleccionado entre máis de 50 de toda España pola organización de Ayuda en Acción como gañador das subvencións 1Planet4All, que financiarán con 24.000 euros seis proxectos de acción climática liderados por xóvenes en toda España.

Os 14 participantes do Consello Climático Xuvenil de As Neves foron os impulsores desta iniciativa que ten
como obxectivo formar, concienciar e levar a cabo accións para a loita contra o cambio climático. A través
de ‘Dalle que Dalle’, entidade sen ánimo de lucro que dinamiza as actividades deste Consello Climático,
solicitaron este proxecto que continuará ata finais de setembro e no que os rapaces se farán cargo do rego e
coidados das árbores e participarán en outras actividades de formación e divulgación en materia de xestión
forestal e consumo responsable.

1Planet4All

“A resposta fronte a emerxencia climática non pode ignorar a quen sufrirá as súas maiores consecuencias: a
mocidade. Por iso, en 1Planet4All impulsamos iniciativas como As Neves Verde Autóctono deseñadas por e
para mozos e mozas que queren pasar á acción polo planeta”, afirma Begoña Rodríguez, responsable de
1Planet4All en España.

O Concello de As Neves participará no evento e facilitará os aparellos para que os mozos e mozas leven a
cabo a plantación e a comunidade de montes de Taboexa ofreceu os seus terreos e levaron a cabo as tarefas
de preparación.

Proxecto europeo

Esta iniciativa forma parte de 1Planet4All, un proxecto financiado pola Unión Europea que busca formentar
o compromiso de máis de oito millóns de mozos e mozas en resposta fronte a crise climática.

Ayuda en Acción, é a ONG que lidera  no Estado este proxecto que tamén se está desenvolvendo noutros 12 países europeos da man dous 13 ONG de cooperación e axuda humanitaria.

Ayuda en Acción

Dende 1981, a ONG Ayuda en Acción centra os seus esforzos en acompañar ás persoas dende a súa infancia
ata que sexan capaces de tomar as rendas das súas vidas e transformar as súas comunidades. Defende e actúa
polo dereito de autosuficiencia de todas as persoas en todos os lugares do mundo.

Actualmente apoia a máis de 1,2 millóns de persoas e traballa por un presente digno e un futuro con oportunidades en 23 países de África, América Latina, Asia e Europa

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email