A nosa veciña Marta Saladina González foi unha das grandes protagonistas do pasado ‘XXVII Campionato de España de Natación Masters’, celebrado en Pontevedra entre os días 3 e 6 deste mes de marzo.
Un ouro, dúas pratas e un bronce
Marta Saladiña fíxose con catro medallas nas probas nas que participou, así logrou o Ouro en 100 metros libres; Prata en 50 metros libres e 50 metros espalda e Bronce nos 100 metros espalda, completando unha excelente actuación na categoría de +75.
O alcalde transmitiralle persoalmente os parabéns de todas as veciñas e veciños das Neves, así como o agradecemento polo seu esforzo e exemplo de constancia e superación.