Concello das Neves

Mellora dos menús do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

A directora do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé e o encargado da cociña e comedor do centro, reuníronse co representate do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta, Ismael Lago, e a nutricionista da empresa ‘Nutricoles’, contratada polo proxecto de cooperación Leader, ‘Ecocomedores’, para asesoramento nutricional aos centros educativos.

EcoComedores é un proxecto que se pon en marcha da man de 11 Grupos de Desenvolvemento Rural, Gadisa e a Axencia Galega de Servizos Sociais coa finalidade de introducir nos menús dos colexios produtos locais, ecolóxicos e de tempada dos produtores locais de cada territorio.

Así, durante o tempo que dura o proxecto, Ecocomedores pon a disposición da comunidade escolar durante o curso 2022-2023 un equipo de nutrición para revisar os menús de cada centro participante, para poder analizar as necesidades e cambios que sería necesario aplicar para elaborar menús saudables, con produto local, sen que supoña un incremento económico da partida alimentaria.

Ademáis de crear espazos de colaboración e comercialización para pequenos produtores, con este proxecto tamén se promocionarán os productos locais, fomentando o consumo en circuitos curtos diminuindo a pegada ecolóxica da alimentación, ao tempo que se dinamizará a economía local, fortalecendo a capacidade de producción de pequenos produtores, xeralmente novos emprendedores.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email