Concello das Neves

Melloras no abastecemento de augas das Neves

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

As obras para a mellora da eficacia e eficiencia no abastecemento financiadas pola Unión Europea a través de Augas de Galicia tiveron lugar no bombeo do río Termes e na Etap da Caíña.

No bombeo do río Termes en Vide sustituíse a bomba número 2. A hidráulica xa tiña máis de 12.849 horas e foi sustituída por un corpo hidráulico Zeda ZH-80/4. Logo fixeronse novas programación no autómata do bombeo para mellorar funcionalidades que teñen que ver coas tormetas ou fortes choivas e por exemplo poder apagar ou acender o bombeo a distancia. Por último decidiuse instalar un válvula de alivio antiariete Dorot S-300 2 en fundición para axudar a regular as presións que se producen no proceso de impulsión dende o bombeo cara a Etap.

Na Estación de Tratamento de Auga Potable da Caiña (Etap) sustituíronse 2 bombas de servizo con bancada e motor de 7.5kw. Estas bombas xa tiñan máis de 30.000 horas de servizo tendo en conta que traballando de media 5 horas ao día podendo chegar a tratar os 600 metros cúbicos ao día en épocas de alta demanda de auga. Tamén se fixeron varios traballos de instalación e programación para aumentar as funcionalides do autómata e das xestións a través do servidor web, como as que teñen que ver co analizador de cloro.

Os traballos adxudicados a empresa Gainser tiveron un custe total de 46.975 euros financiados na súa totalidade cunha subvención de Augas de Galicia.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email