Concello das Neves

O alcalde denuncia a situación de colapso da Atención Primaria

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email
O alcalde denuncia a situación de colapso da Atención Primaria
O alcalde denuncia a situación de colapso da Atención Primaria

Advirte da demora nas consultas que afecta a pacientes con patoloxías crónicas, que non poden agardar

O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, xunto coas alcaldesas de Ponteareas, Tomiño e O Rosal, ademáis de verios deputados no Parlamento de Galicia, denunciou hoxe diante da Delegación da Xunta en Vigo, a situación de precariedade, mesmo de colapso, en varios concellos, no que se atopa a Atención Primaria.

As recentes medidas postas en marcha polo Servizo Galego de Saúde, deixaron sen citas para consulta a milleiros de persoas en distintos concellos da Área sanitaria viguesa. Esta situación, asegura a deputada Montse Prado, supón, de feito, que non se estea a atender, como é debido, aos pacientes, afectando, especialmente a aqueles que teñén patoloxías como cardiopatías, hipertensión, diabetes e outras enfermidades que non poden agardar.

As alcaldes e e alcaldesas piden unha rectificación da Xunta, que remate xa con esta falla de atención, con estas diagnoses tardías, coa falla de respecto ás e os profesionais e cunha demora nas consultas que, apuntaron, non está causada pola COVID senon pola falla de persoal sanitario.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email