Concello das Neves

O alcalde urxe á apertura inmediata do acceso á PLISAN dende a rotonda da PO-400 en Liñares

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, vén de instar, novamente, á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, e aos outros dous promotores da Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves, o Consorcio da Zona Franca e a Autoridade Portuaria de Vigo, a que abran canto antes ao tráfico o acceso á PLISAN dende a rotonda da estrada PO-400, na parroquia de Liñares.

Dende hai moitos meses, non so non ten sentido manter pechado este vial, senón que impide o seu uso para conectar coa estrada a Ponteareas e co autovía A-52, dirección Ourense e Vigo. O alcalde subliña que xa transmitiu, «en reiteradas ocasións» aos promotores de PLISAN a necesidade de aproveitar esta nova conexión para aumentar a seguridade e evitar un rodeo innecesario, especialmente aos transportistas profesionais que teñen que moverse por esta zona e que verían reducido, deste xeito, os tempos desplazamento.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email