Concello das Neves

O alcalde volve a esixir á Xunta de Galicia que actúe xa, «coa máxima urxencia», no cruce de Setados, logo de producirse outro accidente

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O alcalde esixiu, de novo, á Xunta de Galicia a que actúe xa, de xeito urxente, e acometa xa a reforma do cruce de acceso á parroquia de Setados.

Xosé Manuel Rodríguez subliña que o Goberno municipal leva «8 longos anos» instando á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a que faga unha obra que é «vital» para garantir a seguridade nesta ‘punto negro’ do trafico nas Neves.

Contactos insistentes coa conselleira

Dende 2015, os escritos e contactos coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, son incesantes. O último, o pasado 8 de setembro: un correo electrónico no que o alcalde insistía,  como xa fixera na entrevista que mantivera con ela, a principio de agosto, en Santiago,  reiteraba a urxencia desta obra,«pois o número e a gravidade dos accidentes van en aumento, co conseguinte incremento do descontento social polos graves riscos que está implicando».

O correo enviouse logo de que o día 4 de aquel mes, un vehículo colisionara contra a casa que forma esquina, deixando ferido de gravidade ao ocupante do coche, causando danos na vivenda. O alcalde advertía de que este suceso non era illado e que sumábase a «moitos outros que van a acabar por producir algún día un dano irreparable que debemos evitar».

Hai uns días, o propio presidente da Xunta, de visita nas Neves, tivo a ocasión de que lle amosasen esta realidade e de comprobar persoalmente a perigosidade deste cruce nun vial de titularidade autonómica e, se cadra, poder impulsar a reforma inmediata do mesmo.

Unha demanda moi urxente

A construción dunha nova rotonda na estrada PO-400, para calmar o tráfico e facilitar o acceso a Setados non só é unha demanda histórica das veciñas e veciños que reclaman, dende hai unha década, máis seguridade, medidas de redución da velocidade e mellora de regulación da circulación, agora é «moi urxente».

Ainda de que o Concello ofreceu á Xunta poñer os cartos precisos para acometer as expropiacións necesarias para facer as obras e aínda, tamén, de que na reunión coa conselleira, en agosto pasado, Ethel Vázuez informou ao alcalde de que estaba en marcha a devandita expropiación de terreos, a realidade é que os responsables do seu departamento deixaron claro que esta obra «non era prioritaria». Lamentablemente, feitos como os da madrugada pasada, reafirman que a obra non pode demorarse xa nin un día máis.

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email