🟣 Esta mañá, diante do Concello, vivimos un acto cargado de compromiso e emoción xunto ao alumnado do CEIP Plurilingüe Marquesa do Pazo da Mercé e do IES Pazo da Mercé, que se sumaron á lectura do manifesto polo 25N, Día Internacional para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres.
📚 Ademais da lectura, o alumnado deixou por escrito os seus desexos para un futuro sen violencia machista, mensaxes cheas de esperanza que foron gardadas nunha cápsula do tempo e enterradas simbolicamente.
🎒 Ao remate, entregáronse mochilas co lema “Nin unha menos”, un recordatorio visible do noso compromiso común.
Desde o Concello de As Neves reiteramos hoxe —e cada día— que non imos dar nin un paso atrás en igualdade. Seguiremos traballando de maneira colectiva para avanzar cara un territorio libre de violencia, máis xusto e máis seguro para todas.
🟣 Nin unha vítima máis. As Neves contra a violencia de xénero.
