Este mes de setembro, o Concello realizará o reasfaltado de tres pistas en tres parroquias das Neves, logo de ter tramitado unha subvención do ‘Plan Marco’ da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).
Os traballos están previstos no Camiño de A Bouza, en Santiago de Ribarteme, nunha superficie total de 242 metros a 3.5 metros de ancho. Na mesma está prevista a renovación dunha tubaxe atravesando a pista.
Tamén está programada a actuación no Camiño de Zafal, en San Xosé de Ribarteme, en 383 metros, cunha media de máis de 4 metros de ancho.
Do mesmo xeito, tamén acometeranse obras de mellora no Camiño do Outeiro, en Taboexa, nun total de 222 metros a 4 metros de ancho, abranguendo o realce de tapas nas pistas e marcas viales.
O orzamento de execución destes trballos é de 63.385,78 euros, e os mesmos adxudicáronse pola mesa de contratación á empresa Narom S.L.