Concello das Neves

O Concello comeza a tratar os tileiros da Praza Maior, afectados por un fungo

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Especialistas consultados polo Concello veñen de facer distintas análise aos tileiros da Praza Maior, plantados hai 60 anos, e confirmaron que os mesmos están afectados por ‘Diplodia seriata’, un fungo da madeira presente no chan que, cando as árbores están máis débiles, convértese e patóxeno.

Endoterapia

Nos últimos días estudaron cal sería o mellor tratamento para recuperar os tileiros e apuntaron a que é a endoterapia. Este remedio consiste en inxectar no tronco unha mestura de solución nutritiva e funxicida co obxectivo de robustecer nutritivamente a árbore e combater directamente o fungo.

Ventaxes

A endoterapia presenta outras importantes vantaxes: permite administrar tratamentos específicos que actúan só contra aqueles axentes patóxenos que se alimentan de materia vexetal, respectando aos que non o fan. Ao tratarse dunha terapia baseada no fluxo interno do sistema vascular da árbore, pode aplicarse en días de choiva ou vento; non prexudica ao medio ambiente; evita a pulverización ambiental de produtos químicos, resultando inocuo para a saúde de persoas e animais; non ten efecto algún sobre o mobiliario urbano, vehículos ou materias que pidan estar na zona, ademais no caso dos tileiros da Praza Maior, é a opción máis acaída, ante a dificultade de acceder á terra dado que as árbores están no medio dunha zona empedrada.

Nos vindeiros días, o Goberno local, seguindo os consellos e indicación do expertos, acordará cando iniciar este procedemento e informará da súa duración e, unha vez completado, dos seus resultados.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email