Concello das Neves

O Concello das Neves cancela tódolos actos programados dende este xoves para axudar a conter o avance do contaxio do Coronavirus

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Con motivo da pandemia de Coronavirus, e en consonancia coas medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para conter o avance do contaxio, o Concello das Neves decidiu cancelar todos os actos, reunións e citas de lecer, deportivas, culturais, sociais e veciñais organizadas no concello dende hoxe, 12 de marzo e ata novo aviso. Do mesmo xeito, tampouco haberá actividade ningunha nos centros dependentes do Concello.

Prégase acceder de xeito presencial ás oficinas do Concello para facer só aqueles trámites administrativos urxentes e/ou imprescindibles, e optar pola xestión a distancia, chamando ao 986 64 80 38 ou accedendo á páxina web www.asneves.gal.

O Concello recomenda a todas as organizacións, asociacións, clubs e entidades que teñan previsto actos deste tipo, que tamén os desconvoquen.

Ademais, aconséllase a toda a poboación que faga só os desprazamentos estritamente necesarios e siga os consellos de hixiene recomendados polas autoridades sanitarias.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email