A Deputación Provincial de Pontevedra, aprobou a concesión dunha subvención ao concello das Neves ao abeiro do Plan +Provincia para a Activación do Emprego, da Deputación Provincial de Pontevedra 2025 (Liña 3), por importe de 120.619,10 euros, polo que o Concello das Neves contratará a 9 persoas desempregadas, a xornada completa durante o ano 2025.
As traballadoras e traballadores que se contraten, tal como establecen as bases Reguladoras da Convocatoria, deberán ser persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, como demandantes non ocupadas e dispoñibles para o emprego. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato.
Características dos postos:
- 1 Fontaneiro/a: 6 de meses de duración de contrato, a tempo completo (código CNO 72211012) .
- 2 Peóns forestais: 8 de meses de duración de contrato, a tempo completo (código CNO 95431028) .
- 2 Peóns de obras públicas: 7 de meses de duración de contrato, a tempo completo (código CNO:96011029).
- 1 xardiñeiro/a: 6 de meses de duración de contrato, a tempo completo (código CNO: 61201028).
- 2 Peóns de recollida de lixo: 9 meses de duración de contrato, a tempo completo (código CNO: 94411010)
- 1 Auxiliar Administrativo/a: 7 de meses de duración de contrato, a tempo completo (código CNO:43091029 )