
A Deputación Provincial de Pontevedra, aprobou a concesión dunha subvención ao concello das Neves ao abeiro do Plan +Provincia para a Activación do Emprego, da Deputación Provincial de Pontevedra 2026 (Liña 3), por importe de 124.224,69 euros, polo que o Concello das Neves contratará a 9 persoas desempregadas, a xornada completa durante o ano 2026.
As traballadoras e traballadores que se contraten, tal como establecen as bases Reguladoras da Convocatoria, deberán ser persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, como demandantes non ocupadas e dispoñibles para o emprego. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato.
Características dos postos:
1 Fontaneiro/a: 7 de meses de duración de contrato, a tempo completo (código CNO 72211012).
3 Peóns forestais: 7 de meses de duración de contrato, a tempo completo (código CNO 95431028) .
2 Peóns de obras públicas: 7 de meses de duración de contrato, a tempo completo (código CNO: 96011029).
2 Peóns de recollida de lixo: 9 meses de duración de contrato, a tempo completo (código CNO: 94411010)1 Animador/a sociocultural: 6 de meses de duración de contrato, a tempo completo (código CNO: 37151038)