Concello das Neves

O Concello das Neves, ten concedida unha subvención para a contratación dun peón forestal no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O Concello das Neves, ten concedida unha subvención para a contratación laboral temporal dunha persoa desempregada ao abeiro da Orde do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE + Galicia 2021 – 2027. Ao abeiro desta orde se levou a cabo a contratación dun posto de peón forestal.

O importe da axuda concedida ao Concello de As Neves, ascende a cantidade de 16.380,09 euros

Esta axuda está cofinanciada nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, dentro do obxectivo político 4 “Unha Unión Europea máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais”, Prioridade 5 “Emprego xuvenil”, Obxectivo específico ES04.1 “Mellorar o acceso ao emprego e a medidas de activación de todas as persoas demandantes de emprego, e en particular das persoas mozas, especialmente a través da aplicación Garantía Xuvenil, dos desempregados de longa duración e os grupos desfavorecidos no mercado laboral, e das persoas inactivas, así como mediante a promoción do emprego por conta propia e a economía social”, e Medida 5.A.02 “Facilitar a mellora da empregabilidade das persoas mozas desempregadas”

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email