Concello das Neves

O Concello segue adiante coa rehabilitación de vivendas en As Neves, Setados, Estación, Santiago de Ribarteme, Vide, Tortoreos e San Xosé de Ribarteme

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

A Concellería de Servizos Sociais, dirfixida por Pilar González Casa, continúa coa rehabilitación de vivendas. Agora mesmo están facéndose obras en tres casas de a Estación, As Neves, Setados e Santiago de Ribarteme e rematáronse outras dúas en Tortoreos e San Xosé de Ribarteme.

Recuperación

Este proxecto, que neste 2022 abranguera un total de 7 casas –nas devanditas parroquias e tamén na de Vide- será unha realidade logo de que o Goberno local obtivese unha subvención do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), dentro  do ‘Programa de Infravivenda do Plan RehaVita’: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora e acceso á vivenda, para este ano.

Grazas a esta iniciativa será posible rehabilitar casas que non reúnen as condiciones mínimas de habitabilidade cando os seus propietarios carecen de recursos económicos para reformalas.

O Concello achega algo máis de 5.000€

Así, dende 2019 melloránse 12 vivendas, ás que hai que sumar as 7 previstas para este 2021, que contarán cun orzamento de 105.000 euros, dos cales o Instituto Galego de Vivenda e Solo achega o 95% do total -99.750€ – e o Concello das Neves o 5% restante -5.250 euros-.

Como xa avanzara hai un mes o Goberno Municipal, o custo de cada obra achégase ao máximo permitido, 15.000 euros, destinados, na maioría dos casos, para evitar a entrada de auga e humidades nas vivendas, co arranxo de tellados e paredes e tamén completar melloras en cociñas e baños.

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email