Comezado o novo curso escolar, reanúdanse as reunións do Consello Climático Xuvenil no IES Pazo da Mercé. Está prevista unha reunión mensual na que participan 23 alumnas e alumnos de 4 da ESO e de un/unha estudante de Bacharelato, sendo o Consello con máis participación dos catro creados en Galicia.
Este xoves tivo lugar a primeira xuntanza, na que realizaron un xogo arredor dos ODS, xa que do 16 ao 26 de setembro celébrase a Semana dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ( Global Week for SDG)