Concello das Neves

O Goberno local aprobará unha ‘Liña de Emerxencia’ duns 100.000 euros para facer fronte ás reparacións dos danos do temporal

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O Goberno local aprobará unha ‘Liña de Emerxencia’ dotada cuns 100.000 euros, para facer fronte aos traballos de reparación dos múltiples danos causados polo pasado temporal en todo o concello das Neves.

Estes traballos súmanse aos xa realizados, e aos que aínda se están a facer, dende o pasado día 31, por persoal municipal, coordenado polos concelleiros de Vías e Obras e primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, e de Servizos, e segundo tenente de alcalde, Óscar Gónzalez.

Os mesmos centráronse, dende a mesma mañá do novo ano, en deixar transitábeis camiños e accesos, imprescindibles para que os veciños poidan recuperar a súa vida normal e eliminar o perigo en zonas que se derrubaron. Ao mesmo tempo, o Goberno local levou a cabo a valoración dos moitos desperfectos e avarías que deixaron a choiva – que superou os 80 l/m2 en varios momentos- e o vento -de máis de 70km/h-  ao seu paso, dende caída de árbores, pasando por cortes nas liñas do subministro eléctrico ou telefónico, saneamento ou o pavimento.

Esta avaliación levou á decisión de aprobar esta ‘Liña de Emerxencia’ coa que se acometerán diferentes arranxos, en varios lugares nos que o vento, e especialmente a choiva, causaron avarías e roturas de gravidade

Taboexa

Regonovo: Muro na pista de Regonovo. (Debaixo de Nande)

Reguengo. Desatrancar tubos, baleirar poza, axeitar camiño, escollera e cambiar tubo no camiño do Preguntouro.

Decantadora do Freiro. Reconstruír último pozo, facer escollera e recheo.

Leiradiño: Levantar pista, repoñer tubos e reasfaltar.

Arufe: Baleirar poza.

Gurbelas: ampliar tubos.

Costoura: Revisar tubos, ampliar, e limpeza da canalización cuneta da pista e dende os depósitos

 Rubiós

Pista da Mo: Colocar escolleira no río Xuliana.

Zona da Estación

Pista a Guláns. Muro e reparación da pista

Deputráns. Meter tubos e tapar buratos.

San Nomedio

Colocación de nova tubaría e facer cuneta para evitar auga no Rodeiro.

Santa Eulalia de Batalláns

Pio. Entrada ao barrio revisar Muro de contención.

O Viso. Muro de contención e reposición firme, e revisar tubaria que cruza estrada.

O Viso – Trasdoval. Muro de contención entre a pista e o regato.

Pasqueixóns: Muro de contención que soporta unha pista e caeu para un eido.

Estas actuacións son a maiores das xa realizadas e nas que está a traballar o persoal do Concello, e non son un número pechado, senón que irán incorporándose outras, se así fose preciso, para garantir a seguridade e que as veciñas e veciños recuperemos canto antes a normalidade.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email