Continuando co ‘Plan de Accesibilidade do Concello das Neves 2019-2023’, que ten coma obxectivo facilitar os accesos das veciñas e veciños ás súas casas, tal e como se ven facendo deseguido os pasados catro anos, continúan as obras, que contan cunha achega de 118.994,86 €.
Agora mesmo, están en marcha en:
Escaravilleira – Santiago de Ribarteme: reasfaltado e ampliación de pista gracias a cesións dos veciños.
Pasqueixóns – Santa Eulalia de Batalláns: conversión de pista de terra en asfaltada. Acceso a 2 vivendas e resolución de encharcamento dese camiño.
Carrasqueira – Taboexa. Conversión de pista de terra en asfaltada. Conexión de 2 puntos do barrio. No tramo hai 4 casas, 2 delas en rehabilitación, logo de anos de abandono, e tamén outras 2 casas novas en construcción.
Carrasqueira – Taboexa. Outra pista pequena que tamén está en terra e se asfalta para dar acceso a 2 casas.
Traballos de conservación de vías
Durante 2022, os servizos municipais realizaron obras de reasfaltado e eliminación de fochancas en máis de 20 quilómetros de estradas. Este 2023, seguirán obras de retirada de raíces, e eliminación de fochancas destinando a estes traballos alomenos 52.910,90 euros.
Esta cantidade permitirá o uso de 184 toneladas de asfalto frío logo e levar a cabo o picado e destoconado de raíces e posterior pavimentación. Estas obras abranguen todas as parroquias de As Neves.