Concello das Neves

OFERTA DE EMPREGO – AUXILIAR ADMINISTRATIVO BIBLIOTECA E SERVIZOS VARIOS

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

BASES PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR NOMEAMENTOS INTERINOS PARA O POSTO DE “AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A BIBLIOTECA E SERVIZOS VARIOS” (CONCELLO DAS NEVES)

OBXECTO:

O obxecto da convocatoria é a formación dunha bolsa de traballo para realizar nomeamentos interinos para o seguinte posto de traballo, reservado na Relación de Postos de Traballo do Concello das Neves a funcionario/a de carreira, co fin de facer fronte ás situacións expostas no artigo 23.2 da Lei 2/2015, do 29 de abril de emprego público de Galicia:
– Grupo e Subgrupo: C2.
– Escala: A.X. (AUXILIAR).
– Denominación: AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A BIBLIOTECA E SERVIZOS VARIOS

Contido funcional:

  • Atención aos usuarios da biblioteca municipal.
  • Automatización de fondos e mantemento do catálogo.
  • Velar polo mantemento e funcionamento da biblioteca e dos equipamentos bibliotecarios.
  • Utilizar as aplicacións informáticas que sexan precisas para o desenvolvemento dos seus contidos profesionais.
  • Prestar colaboración, por necesidade ou requirimento, naqueles asuntos doutros departamentos e que entren dentro da súa capacitación profesional.
  • Calquera outra, propia da súa capacitación profesional, e vinculada co eido competencial no que se integra.

Observacións:

  • xornada a tempo parcial
  • flexibilidade horaria en función do servizo
  • traballo en sábados pola mañá

Máis información AQUI:

BASES PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR NOMEAMENTOS INTERINOS PARA O POSTO DE “AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A BIBLIOTECA E SERVIZOS VARIOS” (CONCELLO DAS NEVES)

ANUNCIO APROBACIÓN DAS BASES DA CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR NOMEAMENTOS INTERINOS PARA O POSTO DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A BIBLIOTECA E SERVIZOS VARIOS DO CONCELLO DAS NEVES

 

FOTO-EMPREGO

 

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email