Galicia recupera, máis de dús décadas despois, unha volta ciclista por etapas. ‘O Gran Camiño’ percorrerá coa retransmisión en directo da televisión, e varios equipos WorldTour -incluido Movistar Team- as catro provincias galegas.
As súas etapas, sempre complicadas, nas que as etapas en grupo non están nunca aseguradas, arrancarán o xoves, día 24 de febreiro no Porriño. Os ciclistas pasarán polas Neves, entre as 11:45 e as 12:02h., entrando pola rotonda da estrada EP-4006, seguindo pola rúa Laredo, Entrecíns, rúa Marquesa do Pazo, Praza Maior e rúa Esperanza.