Concello das Neves

Os veciños que non poden conectarse á rede municipal de sumidoiros, dispoñen dun servizo do Concello de baleirado de fosas sépticas

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Para facilitar o tratamento das augas residuais e fosas sépticas  a aquelas veciñas e veciños de todas as parroquias que non poden conectarse á rede municipal de sumidoiros, o Concello das Neves pon en marcha un servizo, para reducir gran parte do custe ás e os usuarios.

Así, é o Concello o que se encarga de recoller e trasladar os residuos para o seu tratamento, de xeito que non contamine o medio ambiente e protexa a saúde.

Este servizo subvencionado , ten un prezo para os usuarios de:

*Mínimo: 80 euros, sempre que a cantidade a recoller e baleirar sexa de menos de 3 metros cúbicos

*90 euros, 3 metros cúbicos

*Máximo: 120 euros, por 4 metros cúbicos

👉Folleto Informátivo do servizo

Cómo solicitar o servizo 👉 ☎️

1.-Presentar a solicitude de baleirado do pozo ou fosa séptica, que pódese descargar aquí: Solicitude de Baleirado de Pozo ou fosa séptica con copia do DNI/NIF,  no Rexistro do Concello, ou pola sede electrónica.

2.-Xuntar coa solicitude o comprobante de ingreso da taxa na conta bancaria de Abanca número ES45 2080 5434 0731 1010 0021.

 👉  O Concello ou a empresa encargada de realizar o baleirado porase en contacto coa persoa usuaria para informar da data e hora do servizo.

Para máis información poden chamar aos teléfonos ☎️ 986 64 80 38/676552166, tamén enviar un correo electrónico a:
fomento@asneves.gal .

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email