Comezan as obras de rehabilitación dunha vivenda na parroquia de San Pedro de Batalláns subvencionada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) da Consellería de Medio Ambente, Territorio e Vivenda, dentro do Programa de infravivenda do Plan RehaVlta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2022.
- Expediente: P-IR-0009/22
- Orzamento: 14.987,54 €
- Dotación do IGVS: 14.238,16 €
- Dotación do Concello: 749,38 €
- Adxudicatario: Construccións Rocha Novoa SL