Comezan as obras de rehabilitación dunha vivenda na parroquia de San Xosé de Ribarteme ao abeiro da subvención outorgada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda dentro do Programa de infravivenda do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda, para o exercicio 2022.
- Expediente: P-IR-0010/22
- Orzamento: 14.998,36 €
- Dotación do IGVS: 14.248,44 €
- Dotación do Concello: 749,92 €
- Adxudicatario: Construccións Rocha Novoa SL