ABERTO, DENDE MAÑÁ, O PRAZO DE RESERVA PARA OS CAMPAMENTOS DE VERÁN 2025
Dende o martes 10 ata o vindeiro 23 de Xuño (ambos incluidos) permanecerá aberto o prazo de solicitude de reserva da praza para os Campamentos de verán 2025.
As familias interesadas deberán presentar a solicitude por sede electrónica do concello ou na oficina de rexistro de servizos sociais xunto ca seguinte documentación:
- DNI do pai/nai/titor/a
- DNI da/o menor ou libro de familia
- Tarxeta Sanitaria da/o menor
- Titulo de familia numerosa ou certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental, cando sexa de aplicación
- Quen alegue ter necesidades de ampliación de horario por motivos laborais presentará a copia do contrato laboral das personas que conforman a unidade familiar e o certificado de empresa co horario de traballo.
- Xustificante de ter realizado o abono do prezo público na conta do Concello de As Neves: ES45 2080 5434 0731 1010 0021