Os Concellos de Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves, a través do programa de xestión compartida Xuntas, foron beneficiarios das axudas da convocatoria SI435A, Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero, da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea.
Os principais obxectivos do Programa Xuntas pasaron por un reforzo da autoestima, o benestar e a calidade de vida das participantes, orientación psicolóxica, xurídica e laboral integral, un reforzo do empoderamento das participantes, promoción e inserción social e laboral e previr e combater a violencia de xénero. Ademáis o Programa Xuntas está deseñado para tratar de superar as desigualdades estruturais por razón de xénero e as dificultades que xurdan da interseccionalidade de factores de vulnerabilidade.
As participantes dos 3 Concellos son mulleres en situación de especial vulnerabilidade, buscando unha mellora da súa situación persoal, social e laboral mediante accións deseñadas con perspectiva de xénero, estratexia incorporada transversalmente en todas as actuacións e actividades. Os 3 Concellos queren destacar unha valoración moi positiva ante os resultados do Programa e o seu impacto nas mulleres dos municipios.
Asemade, continuaremos solicitando estas axudas públicas e invitando a todas as mulleres veciñas nas actuacións desenvoldidas no mesmo.