Concello das Neves

Publicada a convocatoria de axudas para asociacións veciñais, comunidades de augas ou mulleres rurais

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

A Xunta vén de publicar a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais.

Inmobles, equipamentos e obras

Poderán ser obxecto de subvención os gastos ocasionados como consecuencia de investimentos realizados en inmobles de titularidade veciñal ou sobre os cales a entidade solicitante ten un dereito de uso por convenio ou por calquera outro título, así como equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles orientados ao cumprimento dos fins da entidade, e as obras nas traídas de auga comunitarias.

Máximos de 5.000 e 12.000 euros

A axuda económica que se conceda poderá acadar a totalidade do investimento realizado cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a realización de obras e de 5.000 euros para a dotación de equipamentos.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de febreiro.Pódese descargar o texto da convocatoria entrando en: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220114/AnuncioG0595-040122-0003_gl.pdf

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email