Menos de 48 horas despois de cortar o tráfico para a montaxe da carpa e do resto dos elementos que formarán parte da Feira do Requeixo e da Mel, que terá lugar os días 15 e 16 deste mes de abril e de aproveitar para realizar unha reparación na rúa, quedou reaberto ao tráfico o centro do casco urbano das Neves.
A circulación recuperará a súa normalidade ata o vindeiro luns, día 11, para permitir o desenvolvemento normal da feira dos venres, así como o resto dos usos da zona.
Unha vez máis, o Concello lamenta os inconvintes causados.