O Concello vén de rematar a senda para peóns e o repintado da vía entre a área recreativa de Chan de Vide e a estrada PO-400. Enlazan zonas de lecer, vivendas, escola e o supermercado da parroquia.
Os traballos comezaran a finais do mes de marzo e abranguen a limpeza da beiravía, a sinalización horizontal nun treito de preto dun quilómetro.