Concello das Neves

Rematadas as obras da renovada ‘Rotonda do Conde’

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Santos Héctor, deputado provincial de Cooperación, o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Marcelino Couto, e o segundo tenente de alcalde, Óscar González, puxeron oficialmente en servizo a de mellora e acondionamento da rotonda do Conde.

Os traballo realizado, forma parte do ‘Plan de Mellora da Mobilidade’ emprendido polo Goberno municipal e que, ata hoxe, abranguen os cambios xa rematados na senda do Ravelo, a Praza do Cruceiro, a Praza de San Agustín, a rúa Rosalía de Castro, a inminente renovación da rúa Eira da Liñaza e os traballos na estrada EP-4006, na zona do IES Pazo da Merce, entre outros.

Prioridade da seguridade

As obras, que contaron cun orzamento de 142.070,71€, sufragados nun 70% pola Deputación de Pontevedra e nun 30% polo Concello das Neves, estiveron encamiñadas a modernizar a funcionalidade da vía e, principalmente, a incrementar a seguridade tanto para o tráfico rodado como peonil mellora da rotonda, situada na intersección da EP-4006 coa EP-4202, a continuación da senda peonil acometida pola Deputación hai dous, partindo do núcleo do Rabelo, en Tortoreos, ata a conexión dos centros educativos e o centro das Neves

A solución proxectada dalle prioridade aos peónsincrementando o espazo ocupado polas beirarrúas, e extrema a seguridade viaria mediante unha reordenación dos accesos á rotonda e ó apartadoiro do autobús.

Previamente ó inicio das obras procedeuse á demolición dos pavimentos existentes, o fresado da calzada, así coma á retirada de sinais e luminarias, demolición da marquesiña existente, adaptación de pozos de rexistro e arquetas á cota da nova rasante.

A rotonda proxectada conta agora cun diámetro interior de 6 metros, dous carrís de 4 metros cada un e unha beiravía exterior máis ancha. Ademáis, nos vaos peonís colocouse un ‘pavimento táctil’ indicador direccional e de botóns mediante lousa hidráulica e para o acondicionamento das zonas verdes, rotonda e illotes cunha capa de terra vexetal e céspede.

Recollida de pluviais 

O proxecto abrangueu a reposición dos servizos de recollida de augas pluviais e alumeado público. No primeiro caso levouse adiante unha reposición dos sumidoiros e realizouse a posta á cota da nova rasante das arquetas existentes.

Alumeado

No referente ó alumeado público renováronse os puntos de luz existentes e dispoñéronse dúas novas luminarias na contorna da nova marquesiña. Empregáronse luminarias LED nas beirarrúas e 4 proxectores LED na rotonda. Ademais, colocouse un alumeado ornamental no interior da rotonda composto por 3 luminarias orientables empotradas no terreo. Por último, ao longo das beirarrúas prantáronse 9 árbores co correspondente alcorque, e situáronse 4 bancos de pedra granítica.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email