O Goberno municipal amosa a súa satisfacción pola aceptación do servizo ‘Línea Verde’ que dende a súa posta en servizo nas Neves, acumula un crecemento exponencial no seu uso polas veciñas e veciños. Isto amosa una resposta axeitada á resolución de incidencias comunicadas ao Concello.
Resolto o 90% das incidencias
A día de hoxe, o 90% das incidencias recibidas está xa resolto. As máis frecuentes son as referidas ao ‘Alumeado’ (22%); seguidas de ‘Recollida para o Punto Limpo’ (21%); ‘Vías rurais e urbanas’ (18%); ‘Xardinería’ (16%); ‘Edificios Públicos’ (6%); ‘Abastecemento’ (3%); ‘Saneamento’ (3%) e ‘Lixo e Limpeza’ (3%).
«Grazas á intervención directa dos cidadáns, dende o Concello podemos levar adiante actuacións rápidas e ter coñecemento de necesidades e problemas dos que non tiñamos constancia» apunta o concelleiro de Servizos Públicos e segundo tenente de alcalde, Óscar González.
Como funciona?
Para poder utilizar este novo servizo é preciso descargar a App ‘Línea Verde’, en Google Play o APP Store en función da tecnoloxía empregada no teu Smartphone (Android/iOS). Dende ese momento, tes que seleccionar o concello sobre o que queres informar da incidencia.
Para comunicar a mesma, hai que premer sobre o botón “Nueva Incidencia”. Un desplegable coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece na pantalla: escolle aquela sobre a que queiras dar aviso. Automaticamente, a APP detecta as coordenadas exactas nas que se atopa o problema.
O seguinte paso é facer unha foto e, se queres, engadir unha mensaxe. Xa só quedar darlle a ‘enviar’ e a notificación chégalle ao persoal do Concello que será o encargado de darlle solución. Ao mesmo tempo, a persoal que mandou a incidencia recibirá unha notificación no seu teléfono móbil sempre que haxa un cambio no estado da mesma. Tamén se pode entrar no servizo ‘Línea Verde’ tamén dende www.linaverdeasneves.gal.
Comunicación directa co Concello no teu móbil
‘Linea Verde’ tamén serve de canle de comunicación directo entre o Concello e os veciños, por medio do envío de novas e alertas. Así, os cidadáns están informados, en tempo real, de calquera cuestión que sexa relevante como, por exemplo, cortes de auga ou cambios no tráfico, ademais de ofrecer información sobre os puntos de interese das Neves ou información propia da nosa vila.