Concello das Neves

Reunión este domingo, no Campo Municipal Pepe Capón, cos pais e nais dos cativos das cetegorías benxamín e alevín

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Este vindeiro domingo, día 28, ás 11:00h., no Campo de Fútbol Municipal ‘Pepe Capón’, aproveitando a disputa dun partido amistosos da categoría infantil, terá lugar a reunión cos pais e nais dos cativos que formarán parte das categorías benxamín e alevín do Nieves F.C.

Como informáramos hai un mes, o Concello das Neves, por medio da Concellería de Deportes, e o Nieves F.C. atoparon unha solución para que os rapaces das categorías benxamín e alevín podan xogar competición oficial, algo que ata hoxe non podían facer.

Así, pasarán a estar federados nas categorías inferiores do clube, coas súas fichas correspondentes e comezarán a adestrar para disputar os partidos oficiais.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email