Concello das Neves

Salceda, Salvaterra e As Neves seguen adiante co programa ‘Mulleres’

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O programa ‘Mulleres’ continúa durante este mes de xullo, agosto e setembro, en Slceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves, con diferentes obradoiros e actividades.

  • O xoves, 21 de xullo, ás 10:00h. na Aula de Formación (rúa Esperanza), está programado o obradoiro ‘Activa a túa mente’.
  • Martes, 2 de agosto, ás 10:00h., tamén na Aula de Formación, obradoiro sobre formación básica en políticas e recursos de igualdade, ‘Muller coñece os teus dereitos’
  • O mércores 10 de agosto, ás 10:00h. no mesmo lugar, formación en tecnoloxías, redes sociais e uso dos móbiles ‘A dixitalización con perspectiva de xénero’.
  • Venres 26 de agosto, tamén ás 10:00h. e na Aula de Formación, obradoiro sobre a violencia de xénero, ‘Ferramentas de prevención’.
  • O luns 12 de setembro, no mesmo horario e lugar, obradoiro de inserción, ‘Os intereses ocupacionais e o entorno’.
  • Xoves, 15 de setembro, ás 6 da tarde, Cinema-Forum, no Auditorio Municipal das Neves.
  • O xoves 22 de setembro, ás 10:00h. na Aula de Formación, obradoiro de capacitación para o acceso ao emprego, procesos de selección, habilidades de comunicación e construción definitiva do perfil e do CV.   

Tod a información sobre este programa, obradoiros, actividades e inscricións, no enderezo servizossociais@asneves.gal e no teléfono 986 66 71 34.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email