A alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, a tenente de alcaldesa de Salceda, LoliCastiñeirasm e a concelleira de Ensino e Benestar Social das Neves, Pilar González Casas, mantiveron unha xuntanza de traballo para preparar as bases e Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero, destinado a mulleres dos tres concellos, que suman máis de 23.000 habitantes.
As tres responsábeis municipais adiantaron as principais liñas de actuación, centradas no asesoramento integral, orientación e apoio psicolóxico, xurídico e laboral especializado e personalizado e en autoestima, formación e benestar das participantes.
Ademais de reforzar a saúde física e mental e a formación, o Programa promoverá medidas de reinserción laboral das mulleres, a através de recursos e midiación directa coas empresas.
O Programa, que este ano está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, obtivo na edición de 2022 o maior número de puntos de valoración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
As tres responsábeis políticas confirmaron que de novo está prevista a xestión compartida o que permite aforrar custos, mellorar a especialización profesional, eliminar duplicidades e incrementar a calidade dos servizos prestados ás mulleres.
O Programa, que contempla visitas a empresas e encontros grupais, valorizará o coñecemento e a experiencia mediante o debate, a cultura e o audiovisual.
Para Marta Valcárcel, estas actuacións protexen, ademais, ás mulleres que se enfrontan á violencia de xénero, asegurándolles unha atención profesional e integral. Sonoridade, debate, compañeirismo e empoderamiento. Estas son as verbas que quixo salientar Loli Castiñeiras para referirse ás liñas mestras do Programa, que abrangue módulos destinads á inserción laboral á medida.
Pilar González Casas, quixo subliñar o feito de que esta actuación compartida pode ser un paso máis para consolidar servizos municipais especializados, nomeadamente en zonas con maior dispersión de poboación.
Esta é a segunda vez que Salvaterra, Salceda e As Neves únense para traballar nun Programa conxunto e integral, fomentando a igualdade e previndo a violencia contra as mulleres.