Concello das Neves

Seguen as obras de reparación da pista de Caiña ao Pousadouro

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Logo de tres anos de esixencia continua do Concello das Neves, en especial do primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Marcelino Couto, finalmenente, a Xunta segue coas obras de reparación da pista da Caíña ao Pousadouro.

A vía quedara «totalmente desfeita polo paso de camións de gran tonelaxe» para a retirada da madeira queimada, lembra Couto, quen apunta que  «o Concello, como lle pediu a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)  elaborou   proxecto de reparación», e Xunta adxudicou os traballos por uns  48.000 euros.

Case 6 quilómetros

Os traballos abrangueron unha lonxitude de 5.900,00 metros nos que se acometeu a limpeza das embocaduras de 6 tajeas, de beiravías fondas con retroescavadora, en todo o camiño, ata unha profundidade de preto dun metro, depositando o material escavado sobre camión, incluíndo o transporte do mesmo ó vertedoiro.

Renovación completa do firme

Logo realizouse o bacheo de firme asfáltico con 183,30 toneladas, compostas de mestura bituminosa en frío, así como o barrido, raspado e limpeza da superficie de apoio, retirada de elementos soltos, aplicación do rego de adherencia con dotación 1 Kg/m2 de ECR-2, recheo con base de 5 centímetros, mínimo de aglomerado 25 centímetros nivelado e compactación, incluso posterior selado con area ou similar.

 

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email