Concello das Neves

Sensibilización contra a Violencia de Xénero no IES Pazo da Mercé

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Esta semana continuaron as charlas de sensibilización en xénero e igualdade dirixidas ao alumnado do IES Pazo da Mercé, que continuarán o vindeiro  día 26 de xaneiro.

Este actividade formativo-sensibilizadora forma parte da programación coordinada polo centro de ensino e o Concello das Neves, e está financiado coas axudas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

A maior vulneración dos dereitos e liberdades

A Violencia de Xénero constitúe a maior vulneración de dereitos e liberdades básicas; está contra os principios de seguridade, igualdade, liberdade, integridade e dignidade inherentes aos seres humanos; ten consecuencias demoledoras para a sociedade e esixe que todas e todos traballemos xuntos para acadar a súa erradicación.

 

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email