A Deputación de Pontevedra adxudica ao Concello de As Neves subvención para o financiamento e prestación das axudas básicas de emerxencia nos servizos sociais comunitarios, estas axudas van dirixidas a proporcionarlles aos concellos de menos de 20.000 habitantes apoio económico, de maneira excepcional e extraordinaria, para poderen atender as demandas de necesidade urxente e puntual das veciñas e veciños do concello que se atopen en situación ou risco de exclusión social, con especial atención ás persoas con menores ao seu cargo.
Dotación en investimento: 3.300 €
Dotación en Gasto Corrente: 6.000 €
Total da Subvención: 9.300 €