Concello das Neves

Subvención da Deputación de Pontevedra Para O Fomento Da Igualdade De Oportunidades E A Prevención Da Violencia De Xénero Para O Ano 2022

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

  • Realización do Mural 8M: creación dun mural para o Día Internacional da Muller Traballadora, martes 8 de marzo de 2022, coa participación do alumnado do IES Pazo da Mercé e do 6º curso do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé nunha actividade educacional.

O mural foi adicado ás mulleres que loitaron polos nosos dereitos, a outras moitas que foron insultadas e ultraxadas e outras que foron as primeiras en dar exemplo. Por isto leva un lema “Grazas pola vosa semente”, na honra a todas elas e ás que seguen loitando, co seu tempo e esforzo , educando en valores de igualdade e respecto para todos.

O deseño, realizado por Patricia Maquieira Franco, ten diversas cores e formas. As cores principais son morado, negro (por todas as que nos deixaron) e amarelo (polas ilusións e vitorias vindeiras).

As plantas indican a importancia de crear unha boa semente e unhas bases na educación: un bo abono é primordial para a vida.

Antes de crear o mural, houbo unha charla inicial co alumnado, na que se lles falou sobre mulleres que fixeron historia na igualdade, como fora creado o deseño do mural, o que significaba cada cor…xa que a educación é primordial nesta sociedade e, a través da arte, máis sensorial e emotiva..deixando así a nosa semente.

Durante catro días (do 1 ao 8 de marzo) realizouse a actividade pola mañá (de 10 a 14 horas), repartindo o alumnado en grupos de 8, en sesións de hora e media (de 10 a 11.30 h e de 12 a 13.30h). O día 8 de marzo inagurouse con intervención de parte do alumnado, directora do centro, a concelleira de ensino, a creadora do mural e coa asistencia do alcalde e o profesorado dos centros

 

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email