Concello das Neves

Supresión Da Simboloxía Franquista Nos Espazos Públicos E Sinalización Do Patrimonio Histórico-Cultural

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O Concello das Neves ten concedidas dúas axudas da Deputación Provincial de Pontevedra, ao ao abeiro das subvencións para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da Provincia de Pontevedra para o ano 2021(publicadas no BOPPO número 188 de 29 de setembro de 2021) .

A través desta convocatoria a Deputación de Pontevedra promove dúas liñas diferenciadas: unha liña A, para a eliminación da simboloxía franquista dos espazos públicos; e unha liña B, para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural.

Ao abeiro da Liña A o Concello das Neves percibiu unha subvención de 1.028,50 euros, para levar a cabo un proxecto de SUPRESIÓN DA SIMBOLOXÍA FRANQUISTA. Os traballos de retirada da simboloxía franquista leváronse a cabo tanto na Fonte de San Ignacio como no Centro de Saúde das Neves.

Ao abeiro da Liña B o Concello das Neves percibiu unha subvención de 3.242,80 euros, para levar a cabo un Proxecto de SINALIZACIÓN DO PATRIMONIO NO CONCELLO DAS NEVES.

Os traballos de sinalización realizáronse mediante a instalación de paneis explicativos, na Fonte de San Ignacio e no Centro de Saúde.Tamén se levou a cabo o deseño e instalación de dous vinilos, en totems existentes, a carón da igrexa das Neves, para interpretar o seu pasado, con texos redactados por intérprete do patrimonio, con experiencia na divulgación da memoria histórica.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email