Concello das Neves

Xa podes facer a preinscrición para os campamentos ‘DepoAventura A Lanzada’

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Despois de dous anos de parón pola pandemia, a Deputación retoma este 2022 os campamentos de DepoAventura no Centro de Vacacións da Lanzada. Contará con 1.540 prazas adaptadas á nova realidade de prevención e as disposicións que as autoridades sanitarias diten no momento da súa celebración.

Prioridade a aquelas nenas e nenos que non puideron participar

O programa está aberto a crianzas empadroadas na provincia con prioridade aaquelas nenas e nenos que, cumprindo todos os requisitos, non puideron participar no campamento do 2019 por mor da Covid a pesar de estar seleccionadas e seleccionados.

DepoAventura oferta 1.540 prazas das que 210 estarán reservadas a menores en situación ou risco de exclusión social.

Nenas en nenos nados entre 2009 e 2014

As prazas son para nenas e nenos, nadas entre os anos 2009 e 2014, e distribuiranse en 11 quendas de
140 cada unha entre o 26 de xuño e o 10 de setembro e, ao igual que en anos anteriores, as prazas serán adxudicadas por sorteo.

Preinscrición

As familias interesadas poden facer xa a preinscrición para os campamentos premendo aquí

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email