Rutas de sendeirismo

COÑECE A NOSA VILA

Rutas de sendeirismo

RUTA DA LAMPREA

Ruta proposta sobre tres río galegos como son o Tambre, Ulla e Miño. Neste caso, no itinerario relacionado co río Miño

CAMIÑO DAS FONTES

Ruta que se celebra especialmente a finais de xullo, comezando no Pazo de Tortoreos e seguindo por diversas fontes

SENDEIRO DOS PESCADORES

Ruta lineal no que se percorre ó longo de máis de 6 km a beira galega do Miño, entre as augas do río e a vía do ferrocarril

Ruta lineal de aprox. 15 quilómetros e 700m de desnivel

Camiño dos Frades

O conxunto etnográfico que podemos atopar ao longo de todo o camiño é dunha enorme riqueza.

Dise que este camiño era xa empregado pola raíña Isabel de Portugal, que cruzaba o río Miño dende as cidades portuguesas chegando ata o noso concello. Dende aquí, a raíña continuaba ata o mosteiro da Franqueira, na súa peregrinación a Santiago de Compostela. Ás beiras do río Termes, testemuña de gran parte deste percorrido, pódense atopar bidueiros, carballos, amieiros e outras moitas especies arbóreas.

Hoxe en día revívese este camiño, onde podemos ver marabillas feitas pola man do home que adornan o sendeiro, dende Vide (As Neves) ata a Franqueira (A Cañiza), coma pontes romanas, medievais, muíños, petos de ánimas, cruceiros, igrexas, casas señoriais e incluso unha sobreira catalogada como a máis antiga de Galicia, todo isto dentro dun marco paisaxístico de beleza incomparable.

O camiño comeza na capela de San Manuel, na parroquia de Vide e continúa pola Chan de Vide, posteriormente pasa por Mirenciños, onde nos atoparemos coa Ponte das Puntaleiras. Continuando o traxecto cara San Cibrán de Ribarteme, atoparemos outra ponte romana, a Ponte da Senra, situada nun conxunto de gran valor etnográfico composto por muíños e árbores.

Abandonando lixeiramente a ruta, podemos atopar nesta mesma parroquia a coñecida como Casa da Inquisición ou de Barro, que conta cun escudo nobiliario. Desviándonos do camiño cara San Xosé de Ribarteme atoparémonos coa Capela das Pedriñas, o Coto de Lobos ou o Pousadouro. Debemos lembrar a riqueza tamén dos espazos naturais ao longo deste percorrido, na súa maioría incluídos na Rede Natura 2000.

CONCELLO

OFICINA DE TURISMO

Sitio implementado por GNOMIO SOLUCIONES WEB. Financiado pola DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. PRIVACIDADE.