FESTAS E ROMARÍAS

DESFRUTA NA NOSA VILA

Festas e Romarías

FESTA DO TINTO RÍAS BAIXAS

Festa na que se enxalza o afamado viño tinto producido principalmente na parroquia de Rubiós. Celébrase os días 24 e 25 de xullo.

FEIRA DO REQUEIXO E O MEL

Catalogada como Festa de Interese Turístico de Galicia, celébrase o venres e sábado da Semana Santa, na que se poñen en valor estes produtos típicos do municipio.

ENTROIDO

O entroido nas Neves é festa, disfraces e concurso-desfile de carrozas. Ven a desfrutar dunha festa única!.

ROMARÍA DE STA. MARTA

Celebrada cada 29 de xullo na parroquia de San Xosé de Ribarteme sendo ese día festivo local.

ROMARÍA DE SAN NOMEDIO

Romaría celebrada no cumio do monte San Nomedio, pertencente á parroquia de Taboexa cada 7 de agosto.

ROMERÍA DE S. BARTOLOMEU

Coñecida como Romaría do Medo, celébrase o 24 de agosto para pedir ao santo que elimine calquera tipo de medo.

FESTA DOS ANOS 80

Celebrada na Praza Maior, a festa prolóngase durante toda a xornada. Música, vermú e motos clásicas!.

FESTA DA PAELLA

Unha boa ocasión para gozar dunha comida típica en compañía de familiares e amigos ao aire libre.

FESTA DA TORTILLA

Na Pista Polideportiva do barrio da Estación elabórase unha enorme tortilla que alcanza os 1,5 metros de diámetro.

KOMIQ KON

KOMIQ KON ou Salón do Cómic do Condado é unha actividade lúdico-cultural adicada aos cómics.

CONCELLO

OFICINA DE TURISMO

Sitio implementado por GNOMIO SOLUCIONES WEB. Financiado pola DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. PRIVACIDADE.