A Corporación Municipal das Neves lamenta a tráxica morte de Benito Torreiro Sío. Benito, diplomado en Ciencias Sociais e Educación Infantil, tivo unha destacada traxectoria no eido do Ensino, sendo mestre na Escola Unitaria de Tortoreos, socio fundador do Movemento de Renovación Pedagóxica ‘Escola Viva’ e secretario Comarcal da Federación de Ensino (FETE-UXT) en Vigo.
Nas Eleccións Municipais de 2003 fora elixido concelleiro en As Neves, na candidatura do Partido dos Socialistas de Galicia, encabezada por Benito Diz.
Dende o Concello das Neves queremos transmitir a súa familia, amigos, así coma ao Partido Socialista o noso fondo pesar por esta perda.
O Concello das Neves expresa o seu pesar pola morte de Benito Torreiro
Facebook
Twitter
WhatsApp
Email
Facebook
Twitter
WhatsApp
Email