O Concello iniciou esta semana as obras para crear un novo acceso rodado ao Centro de Saúde das Neves. Este novo acceso estará ao carón da actual entrada peonil, dende estrada PO-415, de xeito que, unha vez rematado, fará de entrada de vehículos mentres que a actual pasará a ser de saída.
48.000€ e un prazo de execución duns dous meses
Esta obra, que realízase na súa totalidade con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, conta cun orzamento duns 48.000€ e estímase que estará rematada nun prazo de dous meses.
As obras abranguen a mellora da actual entrada peonil; a ampliación da beirarrúa existente ata o final do edificio; o cambio do valado de seguridade por un novo e o repaso das liñas de delimitación dos actuais aparcadoiros.
Unha nova ‘senda peonil’
Neste proceso, eliminarase un dos ‘carrís centrais’ do aparcadoiro baixo polo que, en canto rematen as obras, os peóns terán reservada unha ‘senda’ exclusiva para eles, delimitada no asfalto. Deste xeito, ao tempo que mellora a súa seguridade, facilítase o acceso ás persoas que veñan e vaian camiñando ao Centro de Saúde.
Todas estas medidas servirán, ademais, para que todos os vehículos, en especial aqueles de transporte de viaxeiros que dan servizo ao Centro de Día, eviten dar a volta diante da entrada do Centro de Saúde o cal tamén rematará coa incomodidade das manobras e o posible risco na zona.