A Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores desprazarase ao Concello das Neves o vindeiro martes, día 25 de xaneiro e estará situada na zona da piscina municipal. O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá, e de 15:15 a 18:00 pola tarde.
Cómo solicitar cita previa?
• Por teléfono: 902 30 90 00
• A través da páxina web: www.sycitv.com – Cita previa
Un aviso importante: a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á
posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias